miércoles, 1 de octubre de 2025
Poliza de seguro de accidentes
viernes, 19 de septiembre de 2025
DESCONTOS DA SOCIO
Xa tedes dispoñibles os descontos que vos proporciona o feito de ser socios da ANPA. Agardamos que os disfrutedes.
A medida que teñamos máis iremos ampliando a listaxe polo que consultádea de vez en cando para non perdervos ningún.
jueves, 18 de septiembre de 2025
Este sábado… ¡descubre a maxia da esgrima en familia!
Este sábado 20 temos unha cita moi especial no colexio: unha exhibición de esgrima, un deporte diferente, cheo de historia, destreza e moita emoción.
Convidamos a todas as familias a vir, compartir a xornada e deixarse sorprender. Será unha mañá chea de movemento, risas e descubrimentos. Porque o máis importante non é só o deporte, senón tamén a posibilidade de crear recordos en familia e vivir experiencias novas xuntos.
👉 Non faltes! Este sábado, a esgrima espérate no cole.
miércoles, 17 de septiembre de 2025
🌊💚 MÓLLATE POLOS RÍOS! 💚🌊
O vindeiro domingo 21 de setembro de 2025 temos unha cita coa natureza! Súmate á XVIII Limpeza simultánea de ríos e axúdanos a coidar o noso entorno máis próximo.
📍 O punto de encontro será na Praza do Lavadoiro da Seca (R/ Fdo. Olmedo con R/ Casimiro Gómez) ás 10:30 h, para limpar o Río Valdecorvos.
Móllate e vén dar unha man pola saúde dos ríos e polo futuro de todos!
miércoles, 10 de septiembre de 2025
O Club de Lectura da ANPA Os Valados volve este curso…
pero lembra:é un espazo pensado para nós, mamás e papás 😉. Porque tamén precisamos tempo para desconectar, compartir e gozar das historias que nos acompañan. 💫
📌 Primeira reunión informativa:
🗓️ Martes 16
🕔 17:00 h
📍 Comedor do cole
Se che gusta ler, se queres recuperar o hábito lector ou simplemente ter un intre para ti, este é o teu sitio. 💕
Agardámoste con moita ilusión! 🎉
lunes, 8 de septiembre de 2025
🎶✨ VOLTA AO COLE FEST ✨🎶
O primeiro día de cole non foi tan duro despois do verán… porque convertémolo nun auténtico festival! 🥳
As nenas e nenos pasárono xenial entre risas, música e moita diversión. Ademais, cada un levou o seu vaso/lapiceiro de agasallo de Anpa Os Valados, coma en todo bo festival! 🎁✏️🥤
Un inicio de curso con moito ritmo, cor e ledicia. 💃🕺
Que comecen as clases coa mellor das enerxías! 🚀📚
jueves, 4 de septiembre de 2025
Extraescolares Anpa os Valados
Propostas de actividades extraescolareS



.jpeg)
.jpeg)








