lunes, 1 de septiembre de 2025

FICHA INSCRICCIÓN PARA FACERTE SOCIO DA ANPA OS VALADOS

Achegamos o formulario de inscrición para facerse socio/a da ANPA do noso centro.

Animámoste a formar parte desta gran comunidade de familias implicadas na educación e benestar do noso alumnado. Ser parte da ANPA é unha maneira estupenda de participar activamente na vida escolar, propoñer ideas, colaborar nas actividades e mellorar xuntos os servizos que se ofrecen.

Cantas máis familias formemos parte, máis forza teremos para impulsar iniciativas e proxectos que beneficien aos nenos e nenas. Ademais, ser socio/a tamén dá acceso a vantaxes exclusivas, como descontos en actividades extraescolares, participación en eventos organizados pola ANPA e moito máis!

Se tes calquera dúbida, estaremos encantados de atendela.

Un saúdo e moitas grazas pola túa colaboración.


Aquí tendes o formulario para facervos socios, animádevos!!

https://drive.google.com/file/d/1_7ITbbK7ddSLSD9waqa9uDIUeUGvmo_x/view?usp=drivesdk

No hay comentarios:

Publicar un comentario