Hoxe no CEIP Vilaverde quixemos facer visible, unha vez máis, a importancia de educar no respecto, na igualdade e na non violencia.
ANPA Os Valados, coa axuda imprescindible das nosas voluntarias, preparou un arco de globos morados para que todas as nenas e nenos do cole entrasen esta mañá atravesando a cor que simboliza a loita deste día tan necesario.
💜 Porque a igualdade constrúese dende pequenos.
💜 Porque educar é sementar futuro.
💜 Porque queremos un mundo onde todas as mulleres poidan vivir libres e seguras.
Este ano, ademais, os nenos e nenas de todos os cursos fixeron red flags que colocaron polo cole: pequenos sinais para aprender que, cando algo nos fai sentir mal ou non nos respecta, é importante recoñecelo e pedir axuda.
Oxe unímonos ao berro común deste 25 de novembro:
NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
Grazas a toda a comunidade escolar por apoiar, por participar e por facer deste día un momento para reflexionar e seguir avanzando xuntas e xuntos. 💜✊🏽

.jpeg)

.jpeg)


.jpeg)



No hay comentarios:
Publicar un comentario