Onte, 7 de abril, no noso cole celebramos a “Vuelta ao cole: Corre contra a leucemia infantil”. 🏃♂️💚
Os nosos nenos e nenas participaron nunha carreira solidaria, xogos e bailes, gozando dunha mañá súper divertida por unha gran causa: apoiar a investigación da leucemia infantil e crear conciencia.
Ademais, compartiron unha merenda saudable, como vedes nas imaxes, fomentando o consumo de froita e hábitos de vida saudables e descubrindo o importante que é unir deporte e boa alimentación.
Porque educar tamén é ensinar valores: solidariedade, saúde e compromiso. E nós, as familias, somos os responsables de inculcarlles todo isto dende pequenos. 💫
.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)


No hay comentarios:
Publicar un comentario