miércoles, 23 de septiembre de 2026

 📱 UN PACTO PARA ATRASAR O MÓBIL

Cada vez son máis as familias preocupadas que apostan por atrasar a entrega do smartphone e protexer así a infancia e adolescencia, como recomenda a Asociación Española de Pediatría baseándose na evidencia científica.

Desde o ANPA Os Valados, xunto co CEIP Vilaverde-Mourente, queremos dar un paso adiante e sumarnos á iniciativa estatal Adolescencia Libre de Móviles.

Non se trata de prohibir, senón de acompañar, poñer límites e tomar unha decisión colectiva que nos axude a contrarrestar a presión social.

👉 ÚNETE AO PACTO DO NOSO CENTRO:
CEIP de Vilaverde-Mourente · 26-27

Sabemos que este tema xenera moitas dúbidas, polo que durante todo o curso iremos informando e organizando charlas e talleres para familias e alumnado, para falar, reflexionar xuntos e ofrecer ferramentas sobre o uso dos móbiles, as pantallas e o mundo dixital.

CADA FAMILIA CONTA. XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES.

SUMÁMONOS? Por unha infancia e adolescencia plenas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario