miércoles, 10 de septiembre de 2025

O Club de Lectura da ANPA Os Valados volve este curso… 

pero lembra:é un espazo pensado para nós, mamás e papás 😉. Porque tamén precisamos tempo para desconectar, compartir e gozar das historias que nos acompañan. 💫

📌 Primeira reunión informativa:


🗓️ Martes 16

🕔 17:00 h

📍 Comedor do cole


Se che gusta ler, se queres recuperar o hábito lector ou simplemente ter un intre para ti, este é o teu sitio. 💕

Agardámoste con moita ilusión! 🎉





lunes, 8 de septiembre de 2025

 🎶✨ VOLTA AO COLE FEST ✨🎶

O primeiro día de cole non foi tan duro despois do verán… porque convertémolo nun auténtico festival! 🥳

As nenas e nenos pasárono xenial entre risas, música e moita diversión. Ademais, cada un levou o seu vaso/lapiceiro de agasallo de Anpa Os Valados, coma en todo bo festival! 🎁✏️🥤

Un inicio de curso con moito ritmo, cor e ledicia. 💃🕺

Que comecen as clases coa mellor das enerxías! 🚀📚







jueves, 4 de septiembre de 2025

Extraescolares Anpa os Valados

 

    Propostas  de  actividades                                        extraescolareS 

                                                      para o curso 2025/2026


Xa están aquí as novas propostas de actividades extraescolares para o curso 2025/2026!

Unha programación chea de ilusión, aprendizaxes e moita diversión para que os pequenos e maiores desfruten ao máximo!

Consulta aqui toda a información e preparádevos para un novo curso inesquecible! 🚀📚










lunes, 1 de septiembre de 2025

FICHA INSCRICCIÓN PARA FACERTE SOCIO DA ANPA OS VALADOS

Achegamos o formulario de inscrición para facerse socio/a da ANPA do noso centro.

Animámoste a formar parte desta gran comunidade de familias implicadas na educación e benestar do noso alumnado. Ser parte da ANPA é unha maneira estupenda de participar activamente na vida escolar, propoñer ideas, colaborar nas actividades e mellorar xuntos os servizos que se ofrecen.

Cantas máis familias formemos parte, máis forza teremos para impulsar iniciativas e proxectos que beneficien aos nenos e nenas. Ademais, ser socio/a tamén dá acceso a vantaxes exclusivas, como descontos en actividades extraescolares, participación en eventos organizados pola ANPA e moito máis!

Se tes calquera dúbida, estaremos encantados de atendela.

Un saúdo e moitas grazas pola túa colaboración.


Aquí tendes o formulario para facervos socios, animádevos!!

https://drive.google.com/file/d/1_7ITbbK7ddSLSD9waqa9uDIUeUGvmo_x/view?usp=drivesdk

INSCRICCIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA OS VALADOS


FORMULARIOS PARA ANOTARSE ÁS EXTRAESCOLARES 2025/2026 🎒✨

DATOS IMPORTANTES A TER EN CONTA:

1️⃣ Prazo para inscricións: Ata o 18 de setembro ás 16:00 h.

2️⃣ Non realicedes ningún pago ata que se confirme se a actividade se vai realizar ou non. É necesario un mínimo de 10 alumnos/as en cada actividade, agás en Esgrima, onde o mínimo é de 4.

3️⃣ As actividades comezarán en outubro 🗓️.

ACTIVIDADES DISPOÑIBLES DAS E.D.P.M:

  • Natación 🏊‍♂️
  • Baile tradicional (Infantil, Primaria) 💃
  • Baile moderno (Infantil, Primaria) 🎵
  • Voleibol (Primaria) 🏐
  • Patinaxe (Primaria) ⛸️
  • Esgrima (Primaria) 🤺
  • Multideporte (Infantil, Primaria) 🏃‍♂️

👇 Accede aos formularios segundo a actividade:

Formulario para as E.D.P.M.(depositar formulario cuberto NO BUZON OU OFICINA DO ANP


https://drive.google.com/file/d/1NHetmC6CwX9r0q7lp0xf-yvqf4alFsjU/view?usp=drivesdk

Formulario de Cociña ou Informática(mandar o formulario cuberto a educaocioanimacion@hotmail.es)


https://drive.google.com/file/d/15jh1tf177VBs8tj2VFWsmg0WRQsRap_V/view?usp=drivesdk

Formulario de Robótica (mandar o formulario cuberto a osalnes@jovenesingenieros.com)


https://drive.google.com/file/d/18DXgrsbLVAw04bQHqAiYbREJzugScKnA/view?usp=drivesdk

Se tedes calquera dúbida, podedes consultarnos.

Animádevos a participar! 🚀

Grazas pola vosa colaboración! 😊

 

viernes, 29 de agosto de 2025

Centro Deportivo BeOne Campolongo
Actividade extraescolar de natación:

Dende a dirección do Centro Deportivo de Campolongo damos a
coñecer a actividade “Natación Extraescolar” para este curso 2025-2026.
Esta actividade de natación terá como fin familiarizar e iniciar na
aprendizaxe da natación, cun carácter lúdico, así como a práctica do
exercicio físico no medio acuático.

ABRE O ENLACE PARA COÑECER TODA A NORMATIVA