A ANPA Os Valados organiza a Festa do Entroido do CEIP Vilaverde, unha tarde pensada para desfrutar en familia de música, disfraces e bo ambiente.
A cita será o venres 13 de febreiro, de 17:00 a 20:00 horas, con apertura de portas de 17:00 a 18:00. Durante a festa haberá concurso de disfraces, música con DJ, chocolate quente, perritos e snacks.
Lembramos que é imprescindible anotarse previamente para poder asistir.
Agardámosvos para celebrar xuntos o Entroido!

Hola a todos.
ResponderEliminarMe parece muy mal que tras varios intentos de querer anotar o entroido do Cole o meu fillo, o final que non me den ninguha solución.
E moi vergonzoso que deixen sin poder asistir a un neno que si quere ir. E non me podo creer que non haxa posibilidad algunha de poder facelo por haberse pasado o plazo que malamente se podia ver no correo que mandaron e que no cartel non aparece!
Si alguen puidese aportar algunha maneira para que o meu fillo asista o entroido do seu Cole, agradeceriao un montonazo.
Gracias pola compresión e un saudo.
Perdón polo Castrapo!!
ResponderEliminarOla,
ResponderEliminarSentimos sinceramente a situación e entendemos perfectamente a ilusión do voso fillo por asistir ao Entroido do cole. Encantaríanos que todos os nenos e nenas puidesen participar.
Non obstante, é importante lembrar que o prazo de inscrición estivo aberto durante unha semana completa. Durante ese tempo enviáronse cinco avisos (tres por TokApp e dous por Abalar), ademais de comunicarse polos grupos de clase e colocarse carteis no centro anunciando a festa. Tamén está sempre á disposición das familias o número da ANPA para calquera dúbida, problema ou suxestión.
Os prazos deben respectarse, xa que por motivos de organización e loxística necesitamos que as inscricións se realicen a través do formulario. Hai moito traballo antes, durante e despois da festa, e sen ese control sería moi complicado xestionalo correctamente.
Sentimos de corazón que nesta ocasión non fose posible realizar a inscrición, pero confiamos en que nas vindeiras celebracións poidamos contar convosco. Estaremos agardando por vós con todo o cariño.
Un saúdo cordial.