sábado, 29 de agosto de 2026

 🏊‍♀️ NATACIÓN 2026-2027 | INFORMACIÓN IMPORTANTE

📢 ESTE ANO CAMBIA A ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE DE NATACIÓN.

⚠️ NON SE PODE ESCOLLER LIBREMENTE O DÍA.
OS DÍAS E AS PRAZAS VEÑEN DETERMINADOS POLA PISCINA.

⏰ ÚNICO HORARIO: 15:45 H
❌ ELIMÍNASE O TURNO DAS 16:30 H.

📅 OPCIÓNS E PRAZAS DISPOÑIBLES

🔵 LUNS – 15:45 H
• Nados en 2020, 2021 e 2022 → 6 PRAZAS
• Nados en 2017, 2018 e 2019 → 7 PRAZAS
• Nados en 2013, 2014, 2015 e 2016 → 12 PRAZAS

🟢 MÉRCORES – 15:45 H
• Nados en 2020, 2021 e 2022 → 4 PRAZAS
• Nados en 2017, 2018 e 2019 → 6 PRAZAS

🟠 XOVES – 15:45 H
• Nados en 2020, 2021 e 2022 → 3 PRAZAS
• Nados en 2017, 2018 e 2019 → 1 PRAZA
• Nados en 2013, 2014, 2015 e 2016 → 8 PRAZAS


📝 COMO CUBRIR A FICHA DE INSCRICIÓN

👉 SE QUEREDES SOLICITAR NATACIÓN, É IMPRESCINDIBLE CONSULTAR ESTA INFORMACIÓN ANTES DE CUBRIR A FICHA.

Na ficha de inscrición deberedes indicar:

📅 O DÍA QUE VOS VAI BEN: LUNS, MÉRCORES OU XOVES.
🎂 O ANO DE NACEMENTO DO/A NENO/A.

⚠️ AS PRAZAS DISPOÑIBLES DEPENDEN DO DÍA E DO ANO DE NACEMENTO, polo que é necesario comprobar nesta información se existen prazas para o voso caso.

📌 CANDO FAGADES A INSCRICIÓN, TEDES QUE TER Á MAN ESTA INFORMACIÓN E A FICHA DE INSCRICIÓN, para poder cubrir correctamente os dous datos: DÍA + ANO DE NACEMENTO.

❗ INDICAR UN DÍA NA FICHA NON SIGNIFICA QUE ESA PRAZA ESTEA GARANTIDA. Intentaremos respectar a preferencia indicada, pero a asignación final dependerá das prazas dispoñibles e da organización da piscina.

🚨 ANTES DE ENVIAR A INSCRICIÓN, REVISÁDEA BEN PARA EVITAR ERROS OU CONFUSIÓNS.

🙏 GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

jueves, 27 de agosto de 2026

 📣 XA ESTÁN AQUÍ AS EXTRAESCOLARES 2026-27! 🎭🏓🤸‍♀️🎨

Estas son as actividades extraescolares propostas para este curso. 👇

⚠️ Importante: isto é unha proposta, non significa que vaian saír todas. Para que unha actividade se poida realizar, terá que formarse grupo e acadarse o número mínimo de participantes.

📝 En breve explicaremos os pasos para realizar a inscrición. Unha vez pechados os grupos, confirmarémosvos cales saen finalmente.

Mentres tanto… ide botándolles un ollo e pensando cales vos gustan máis! 💙

✨ Moitas opcións, moitas ganas e un novo curso por diante!



Importante:

O período de inscrición será do 9 ao 21 de setembro. Ao comezo do curso publicarase unha circular onde se facilitarán os formularios necesarios para as

distintas actividades e máis información da actividade de natación.

Para que todas as actividades se poidan realizar, precisamos dun mínimo de participantes. O pago das actividades realizarase unha vez estean os grupos

confirmados.

O custo de baile moderno, patinaxe, esgrima, balonmán e multideporte está suxeito á subvención do Servizo de Deportes do Concello de Pontevedra. No caso

de non ser aprobada dita subvención, o custo será de 64 €/cuadrimestre.

Os non socios dan ANPA deberán pagar 30 € de matrícula en tódalas actividades (¡lembrade que os custo de facerse socio da ANPA son 30 € o ano!)



 ¡Ola a todos e a todas! 🚨🤪 


Confesádeo: ¡estabades desexando receber unha mensaxe nosa e que chegase setembro de unha vez! 😉 Xa non queda nada, o curso 26/27 está á volta da esquina... 🎒🔥 


Pero imos deixarvos con un pouco de intriga... 🤫 Nos vindeiros días iremos soltando toda a información importante: 

* 🎯 Extraescolares

* 📝 Inscricións

* ℹ️ Máis info

* ... ¡e moito máis!

De momento isto é só para abrir boca. ¡Ide cargando as pilas ao 100%!   🚀💪✨   


lunes, 18 de mayo de 2026

 🏃‍♀️🏃‍♂️ XX CROSS ESCOLAR VILAVERDE-MOURENTE 🏃‍♂️🏃‍♀️

O vindeiro sábado 23 de maio de 2026, a partir das 10:00 h, celebramos unha nova edición do noso Cross Escolar nos arredores do CEIP Vilaverde-Mourente.

Unha mañá de deporte, convivencia e diversión para toda a comunidade educativa! Haberá carreiras para os máis pequenos e pequenas de Infantil, Primaria, ESO… e tamén para nais, pais, avós e avoas 💛

🍎 Todos os nenos e nenas participantes recibirán auga e froita.

🐶 Nesta edición colaboramos coa Protectora Os Palleiros. As familias que o desexen poderán facer donativos económicos ou aportar comida e produtos para cans, que é o que máis precisan neste momento.

Animámosvos a participar, correr, animar e pasar unha mañá inesquecible entre amigos e familia. Agardámosvos a todos e todas!



jueves, 7 de mayo de 2026

 🎉Festa das Letras Galegas 🎉

O vindeiro 15 de maio, no CEIP Vilaverde-Mourente, celebraremos unha tarde chea de tradición, música e diversión para toda a familia.

👉 EVENTO ABERTO A TODO O MUNDO (SOCIOS E NON SOCIOS) 👈

Haberá:
🎲 Xogos populares
🎶 Música e baile tradicionais
🎯 Demostración de billarda

🕔 De 17:00 a 20:30 h

¡Agardámosvos para gozar xuntos dunha tarde moi especial! 🎊




lunes, 20 de abril de 2026

Continuando coa demanda das familias tras a anterior charla de autoestima e acompañamento, ofrecemos esta sesión como continuidade do traballado co alumnado e nas aulas con Lucía Pereda. Animámosvos a participar!


📅 Martes, 28 de abril, de 17:00 a 19:00 h


📍 Biblioteca do CEIP Vilaverde-Mourente


Aberta a toda a comunidade educativa, dentro e fóra do centro.


Persoas alleas ao centro: escribir a anpaosvalados@gmail.com






miércoles, 8 de abril de 2026

 ✨ AUTOESTIMA E CORPO

Acompañar aos nosos nenos e nenas na infancia e adolescencia non sempre é doado… por iso, formarnos como familias é clave 💛

Nesta charla, da man de Lucía Pereda (educadora social), afondaremos en autoestima e relación co corpo, dando continuidade ao traballo que xa fixo cos rapaces/as nos talleres de marzo.

👉 Unha oportunidade moi necesaria para adquirir ferramentas reais no día a día

📣 Aberta a todas as familias (do centro e de fóra)
⚠️ Canguraxe só para socios/as do ANPA

📅 14 de abril | 17:00–19:00
📍 CEIP Vilaverde-Mourente

💬 Anímate a participar! Cantas máis familias, mellor




 Onte, 7 de abril, no noso cole celebramos a “Vuelta ao cole: Corre contra a leucemia infantil”. 🏃‍♂️💚


Os nosos nenos e nenas participaron nunha carreira solidaria, xogos e bailes, gozando dunha mañá súper divertida por unha gran causa: apoiar a investigación da leucemia infantil e crear conciencia.


Ademais, compartiron unha merenda saudable, como vedes nas imaxes, fomentando o consumo de froita e hábitos de vida saudables e descubrindo o importante que é unir deporte e boa alimentación.


Porque educar tamén é ensinar valores: solidariedade, saúde e compromiso. E nós, as familias, somos os responsables de inculcarlles todo isto dende pequenos. 💫











 🎬🍿 VILA CINE chega ao cole!

Este 10 de abril ás 19:00 h, o CEIP Vilaverde-Mourente convértese nun auténtico cine 🎥✨

Unha tarde máxica con pelis por ciclos, ambientación especial e… flocos de millo GRATIS! 😍

🎟️ Programa:

👶 Infantil → Buffalo Kids

🎒 1º, 2º, 3º EP → La canción del mar

🎓 4º, 5º, 6º EP → Campeones

🧸 Non esquezas traer o teu coxín para estar ben cómodo!

⚠️ Moi importante:

Infantil → acompañados por un proxenitor/a

Primaria → coa ANPA, pero as familias deben quedar no recinto (non é canguraxe)


📝 Inscrición obrigatoria (prazas limitadas)

🎥 Anímaste a vivir unha tarde de cine cos teus amigos?



jueves, 19 de febrero de 2026

Ven a coñecernos!

CEIP Vilaverde Mourente

Xornada de portas abertas

📅 Martes, 3 de marzo

🕓 16:15 h

Se a asistencia é moi numerosa, organizaranse dous quendas para que todas as familias poidan gozar da visita con tranquilidade.

Convidámoste a descubrir as nosas instalacións, a nosa maneira de traballar e o proxecto educativo que nos define. Queremos que coñezas de preto como aprendemos, como convivimos e como medramos xuntos.

Ven sentir a forza da nosa comunidade:

💜 Familias, colexio e ANPA, traballando da man para ofrecer o mellor ao noso alumnado.

¡Agardámoste!



miércoles, 4 de febrero de 2026

 Aínda que o Día da Paz xa pasou, queriamos compartir con vós o pequeno gran traballo que fixemos no cole 💫

Desde a ANPA Os Valados quixemos aportar o noso graniño de area elaborando uns carteis para que os nenos e nenas puidesen levar consigo un chisquiño de paz, e decorando a entrada do colexio cunha árbore da paz, guirlandas e unha pancarta chea de mensaxes bonitas sobre o respecto, a tolerancia, o amor, a igualdade e a convivencia 🤍

Porque educar en valores desde pequenos é fundamental para construír un mundo mellor, máis xusto e máis humano.

Queremos agradecer de corazón a todas as persoas da ANPA que colaboraron para facer isto posible, e esperamos que aos nenos e nenas lles gustase tanto como a nós… e que ás familias tamén 💙

A paz constrúese cada día, con pequenos xestos. 🕊️✨














A ANPA Os Valados organiza a Festa do Entroido do CEIP Vilaverde, unha tarde pensada para desfrutar en familia de música, disfraces e bo ambiente.

A cita será o venres 13 de febreiro, de 17:00 a 20:00 horas, con apertura de portas de 17:00 a 18:00. Durante a festa haberá concurso de disfraces, música con DJ, chocolate quente, perritos e snacks.

Lembramos que é imprescindible anotarse previamente para poder asistir.

Agardámosvos para celebrar xuntos o Entroido!




jueves, 15 de enero de 2026

 




Tal e como nos conta @lidia_folgar no vídeo, esta charla será un espazo para reflexionar, aprender e levar ferramentas prácticas para o día a día 💬✨

👉 A nova data é o mércores 21
⏰ Podes apuntarte ata o luns 19

Animámoste a vir e participar nesta charla tan necesaria, pensada para acompañar ás familias e resolver dúbidas nun ambiente próximo e accesible.

👧🧒 Haberá servizo de conciliación para nenos e nenas, para que poidas asistir con total tranquilidade.

Non o penses máis e anótate! Agardámoste 💙

⚠️⚠️NOVA DATA⚠️⚠️


📢Como nais e pais queremos o mellor para as nosas fillas e fillos... pero as veces polas prisas, a costume ou a desinformación, pode que non lles estemos a ofrecer unha alimentación saudable.

 📅O MERCORES 21 de xaneiro de 17:00 a 19:00 h falaremos de todo isto con @lidia_folgar  recoñecida dietista-nutricionista pediátrica, e vos daremos as ferramentas para mellorar a relación dos vosos fillos e fillas coa comida e cos seus corpos. 

➡️Precisamos confirmación de asistencia antes do venres 16, indicando o nº de adultos e nenas/os asistentes.

➡️Haberá servizo de canguraxe!!!


Animadevos!!



martes, 25 de noviembre de 2025

Hoxe no CEIP Vilaverde quixemos facer visible, unha vez máis, a importancia de educar no respecto, na igualdade e na non violencia.

ANPA Os Valados, coa axuda imprescindible das nosas voluntarias, preparou un arco de globos morados para que todas as nenas e nenos do cole entrasen esta mañá atravesando a cor que simboliza a loita deste día tan necesario.


💜 Porque a igualdade constrúese dende pequenos.

💜 Porque educar é sementar futuro.

💜 Porque queremos un mundo onde todas as mulleres poidan vivir libres e seguras.

Este ano, ademais, os nenos e nenas de todos os cursos fixeron red flags que colocaron polo cole: pequenos sinais para aprender que, cando algo nos fai sentir mal ou non nos respecta, é importante recoñecelo e pedir axuda.

Oxe unímonos ao berro común deste 25 de novembro:


NON MÁIS VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.


Grazas a toda a comunidade escolar por apoiar, por participar e por facer deste día un momento para reflexionar e seguir avanzando xuntas e xuntos. 💜✊🏽

    




miércoles, 15 de octubre de 2025

 🎃 ATENCIÓN FAMILIAS! 🎃


Algo terrorífico estase a cociñar no caldeiro da ANPA Os Valados... 👻

Non fagades plans para a tarde do 30 de outubro, porque estamos preparando unha tarde arrepiante chea de sorpresas! 🕸️


Moi pronto enviaremos máis información...

Mentres tanto, ides desempolvando os vosos traxes máis terroríficos e preparando os feitizos máis espeluznantes! 🧙‍♀️🦇🎃



miércoles, 1 de octubre de 2025

Normativa BE ONE

No seguinte enlace podedes consultar a normativa de BE ONE aqueles que tendes aos vosos fillos/as matriculados na actividade de piscina.

Poliza de seguro de accidentes

Deixámosvos aqui o enlace a póliza do seguro de accidentes para que aqueles que o teñades contratado saibades cales son as coberturas 

viernes, 19 de septiembre de 2025

DESCONTOS DA SOCIO

Xa tedes dispoñibles os descontos que vos proporciona o feito de ser socios da ANPA. Agardamos que os disfrutedes.
A medida que teñamos máis iremos ampliando a listaxe polo que consultádea de vez en cando para non perdervos ningún.






jueves, 18 de septiembre de 2025

Este sábado… ¡descubre a maxia da esgrima en familia!

Este sábado 20 temos unha cita moi especial no colexio: unha exhibición de esgrima, un deporte diferente, cheo de historia, destreza e moita emoción.

Convidamos a todas as familias a vir, compartir a xornada e deixarse sorprender. Será unha mañá chea de movemento, risas e descubrimentos. Porque o máis importante non é só o deporte, senón tamén a posibilidade de crear recordos en familia e vivir experiencias novas xuntos.

👉 Non faltes! Este sábado, a esgrima espérate no cole.